miércoles, 2 de diciembre de 2015

Non a guerra #NonNoNosoNome:




 O Pasado Sábado 28 de Novembro moitas persoas   nos concentramos e manifestamos en distintas cidades en contra da guerra,  dos recortes nos nosos dereitos e das nosas libertades, da Islamofobia, da intervención militar en Siria  en defensa dos dereitos humanos, da democracia, das libertades e pra amosar o noso profundo rexeitamente, a nosa mais enérxica repulsa e condea do infame e miserable atentado terrorista en París. Saímos as rúas a dicir alto e claro que queremos convivir en paz, que non queremos guerras, que queremos que  se respeten os dereitos humanos e a dignidade das persoas e que unha intervención militar en Siria únicamente causaría moitas mortes, dor e sufrimento de persoas inocentes da Sociedade Civil Siria. Tamén para dicir que a democracia, as liberdades e os dereitos humanos non se defenden nunca coas guerras, cos bombardeos, intervindo militarmente nos países e matando e causando moito dor, sufrimento de persoas inocentes da sociedade civil que non teñen culpa de nada . A Democracia, as libertades, os dereitos humanos se defenden cortando as vías de financiación dos grupos terroristas, prohibindo a venta de armas e  investigando que países e gobernos venden armas e se lucran financiando os grupos terroristas, acabando co secreto bancario e cos paraísos fiscais, , invertindo nos servizos públicos, no Ensino en na Sanidade Públicas, fomentado un Ensino Público de calidade, universal e gratuito que eduque en e pra Paz, incrementando os investimentos en Cooperación e Desenrolo, Fomentando políticas públicas de inclusión, de igualdade ,de acollida e de integración das persoas migrantes, refuxiadas pra acabar coa desigualde social e coas inxustizas provocadas por un sistema capitalista, depredador, neoliberal e mercantilista e polas políticas neoliberais e  de recortes de gobernos neoliberais, conservadores e socialiberais   que están o servizo dunha minoría privilexiada , das grandes multinacionais e das grandes empresas armamentísticas que se lucran e que aumentan as súas ganancias e as suas fortunas e privilexios  a  costa de provocar guerras e  da vida, do sufrimento, das mortes de persoas inocentes da sociedade civil

No hay comentarios:

Publicar un comentario