lunes, 7 de diciembre de 2015

20 de Decembro: Está en xogo o noso futuro



O Vindeiro 20 de Decembro son unhas eleccións xerais moi importantes  nas que  a cidadanía debemos ser conscientes do poder e da importancia do noso voto xa  xogámonos os nosos dereitos, o noso futuro, os servizos públicos, a  Sanidade e o Ensino Públicos e  poder vivir con dignidade . Estes últimos catro anos de lexislatura e de goberno de Rajoy e do PP foron catro anos  de políticas austericidas, neoliberais, antisociais,clasistas e  de salvaxes recortes ideolóxicos que han empobrecido salvaxemente a maioría social que han incrementado salvaxemente as desigualdades sociais, o paro, a débeda, a precariedade laboral mentras unha minoría privilexiada aumentaba máis e máis as súas ganancias , os seus privilexios e as súas fortunas. A lexislatura de Rajoy e do PP ha sido a lexislatura dos recortes salvaxes  nos dereitos sociais,laborais, civís, nos servizos públicos, no Ensino e na Sanidade Públicas,   en dependencia, nas becas, da clasista, segregadora, privatizadora e neoliberal lei  Lomce que ha recortado salvaxemente o Ensino Público, que ha atacado brutalmente tanto a Univesidade Pública como os/as fillos/as da clase traballadora pra que so poidan estudiar na Universidade os/as fillos/as dos/as ricos e das persoas con recursos económicos, da infame Amnistía Fiscal a Rato, os ricos e os amiguetes do PP, da corrupción sistémica dos dirixentes e dos/as ex dirixentes do PP( Bárcenas, Rato,Granados, caso Púnica, etc), da criminalizadora e represora Lei Mordaza que ha recortado salvaxemente os dereitos sociais, a liberdade de expresión, as liberdades democráticas e os dereitos civís e que criminaliza a protesta social e os movementos sociais, do infame rescate a banca e as autopistas con diñeiro público mentras desafiuzabaxe salvaxemente a moitas familias das súas casas, da reforma laboral antisocial, lesiva e neoliberal que a precarizado salvaxemente o emprego, que a incrementado salvaxemente o paro, as desigualdades sociais, que ha acabado coa negociación colectiva, que ha recortado salvaxemento os dereitos da clase obreira e traballadora, que ha convertido os/as traballadores/as en traballadores/as pobres, que ha obrigado a xuventude o exilio económico e a emigración forzosa .  O 20 de Decembro é fundamental derrotar e vencer nas urnas a Rajoy e o PP e as súas políticas neoliberais, clasistas e antisociais o servizo da Troika, dos grandes banqueiros, das grandes multinacionais, da banca privada, da patronal( CEOE), das grandes empresas e dunha minoría privilexiada, así como  recuperar as institucións pra xente, democratizar a economía pra poñela o servizo da maioría social e do Ben Común, democratizar a democracia pra que sexa verdadeiramente participativa e sobretodo o máis importante e  o protagonismo e o empoderamento da cidadanía pra  que a cidadanía faga política pra defender os seus dereitos e a súa dignidade porque se a cidadanía non se empodera, se non loita e se non fai política pra defender os seus dereitos e a súa dignidade outras persoas farán política por ela e contra ela e robaránlles os seus dereitos, a súa dignidade, a democracia e hasta a carteira .

miércoles, 2 de diciembre de 2015

Non a guerra #NonNoNosoNome:




 O Pasado Sábado 28 de Novembro moitas persoas   nos concentramos e manifestamos en distintas cidades en contra da guerra,  dos recortes nos nosos dereitos e das nosas libertades, da Islamofobia, da intervención militar en Siria  en defensa dos dereitos humanos, da democracia, das libertades e pra amosar o noso profundo rexeitamente, a nosa mais enérxica repulsa e condea do infame e miserable atentado terrorista en París. Saímos as rúas a dicir alto e claro que queremos convivir en paz, que non queremos guerras, que queremos que  se respeten os dereitos humanos e a dignidade das persoas e que unha intervención militar en Siria únicamente causaría moitas mortes, dor e sufrimento de persoas inocentes da Sociedade Civil Siria. Tamén para dicir que a democracia, as liberdades e os dereitos humanos non se defenden nunca coas guerras, cos bombardeos, intervindo militarmente nos países e matando e causando moito dor, sufrimento de persoas inocentes da sociedade civil que non teñen culpa de nada . A Democracia, as libertades, os dereitos humanos se defenden cortando as vías de financiación dos grupos terroristas, prohibindo a venta de armas e  investigando que países e gobernos venden armas e se lucran financiando os grupos terroristas, acabando co secreto bancario e cos paraísos fiscais, , invertindo nos servizos públicos, no Ensino en na Sanidade Públicas, fomentado un Ensino Público de calidade, universal e gratuito que eduque en e pra Paz, incrementando os investimentos en Cooperación e Desenrolo, Fomentando políticas públicas de inclusión, de igualdade ,de acollida e de integración das persoas migrantes, refuxiadas pra acabar coa desigualde social e coas inxustizas provocadas por un sistema capitalista, depredador, neoliberal e mercantilista e polas políticas neoliberais e  de recortes de gobernos neoliberais, conservadores e socialiberais   que están o servizo dunha minoría privilexiada , das grandes multinacionais e das grandes empresas armamentísticas que se lucran e que aumentan as súas ganancias e as suas fortunas e privilexios  a  costa de provocar guerras e  da vida, do sufrimento, das mortes de persoas inocentes da sociedade civil