lunes, 14 de septiembre de 2015

24 de Outubro. Enchemos o Obradoiro de Dignidade:


O Vindeiro 24 de Outubro  A Plataforma Galega das Marchas da Dignidade ímonos Manifestar as 12:00 horas do Mediodía no Obradoiro en Santiago de Compostela contra as políticas neoliberais, de austeridade e de salvaxes recortes da Troika e do goberno de Rajoy e do PP, unhas políticas neoliberais, austericidas, inxustas, crueis, salvaxes, antisociais que están condeándonos o paro, a precaridade laboral, a pobreza, a exclusión social, a miseria e o exilio económico a maioría social e a clase traballadoras.  Voltamos o Obradoiro a Manifestarnos como xa fixemos mais veces  na defensa  dos dereitos sociais, dos servizos públicos, da Sanidade e do Ensino Publicos, do dereito a unha vivenda digna e a opoñernos rotundamente a Ley Mordaza, o recorte nos servizos públicos, nas liberdades democráticas , nos dereitos dereitos sociais, así como os desafiuzamentos e o Tratado de Libre Comercio( TTIP) entre os EEUU e a UE. Imos o Obradoiro de Santiago de Compostela a dicir alto e claro que o Pobo ten dereito a Pan, Traballo, Teito e Dignidade e que esta Crise é unha gran Estafa, un gran roubo e un gran atraco a cidadanía pra incrementar os privilexios e os beneficios dunha minoría privilexiada a costa do empobrecemento salvaxe e do recorte de dereitos da maoría social e da clase traballadora.  As Marchas da Dignidade facemos un chamamento a toda a  cidadanía a que o  vindeiro 24 de Outubro  nos acompañe, participe e acuda con nos o Obradoiro de Santiago de Compostela porque é importante que enchemos o Obradoiro de Dignidade e que a cidadanía sigamos  defendendo nas rúas os nosos dereitos e a nosa dignidade así como tamén é fundamental que a cidadanía nos empoderemos e fagamos  política por nos porque se non facemos política pra defender os nosos dereitos e a nosa dignidade outras persoas farán política por nós e contra nós e nos roubaran os dereitos, a dignidade a democracia e hasta a cartera. O 24 de Outubro enchemos o Obradoiro de Dignidade e revindiquemos e digamos alto e claro que o Pobo ten dereito a Pan, Traballo , Teito e Dignidade

miércoles, 2 de septiembre de 2015

Por Unha Marea Galega:



É a hora da Unidade Popular,  da Confluencia da esquerda, da clase traballadora galega, da xenerosidade, da altura de miras e de deixar a un lado os egos, os personalismos, os protagonismos e a predominancia dunhas siglas sobre as outras. É a hora de xuntarnos, unirnos, de cooperar conxuntamente pra conformar unha Gran Candidatura de Unidade Popular e de esquerdas unha Marea Galega con grupo parlamentario propio pra as vindeiras Eleccions Xerais pero tamén para as seguintes eleccións autonómicas na que quepamos todos/as, na que todos/as traballemos conxuntamente e colaborativamente , onde todos/as sexamos necesarios/as e nadie imprescindible  porque é mais o que nos une que o que nos separa. Desde a miña humilde opinión esa Candidatura de Unidade Popular e de esquerdas esa Marea Galega debe contar  co total protagonismo cidadán e dos movementos sociais, debe estar construída dende abaixo, dende as bases, de forma democrática, inclusiva, plural, horizontal, participativa. Os partidos políticos que apoien este proceso de Unidade Popular esta Marea Galega son benvidos pero deben estar nun segundo plano, acompañando este proceso e non tutelándolo ou instrumentalizandolo . Esta Marea Galega debe ter un Programa Común claramente de esquerda e antineoliberal totalmente aberto, inclusivo, participativo que defenda o Ensino Público  e a Sanidade Pública, o dereito a unha vivenda digna, os servizos públicos, a igualdade de oportunidades, a xustiza social, o dereitos humans, os dereitos sociais, a nosa cultura, o noso idioma galego e os nosos sectores productivos,  os dereitos da clase traballadora galega e do pobo galego. Esta Marea Galega é fundamental pra democratizar a economía, pra rescar o público, pra recuperar as institucións pra a xente, pra transformar a sociedade  e pra o cambio político e ese  cambio político debe protagonizalo a cidadanía empoderada e os movementos sociais que todos os días loitan na rúa por un mundo máis xusto, humano, solidario e democrático