domingo, 26 de abril de 2009

A importancia da cultura nos nosos días

Hoxe en día nos tempos que corren nos que as presas o individualismo e a desconfianza de uns a outros están na orde do día, compre salientar a importancia da cultura nas nosas vidas, aínda que no nos demos conta é un ben moi escaso pero importantísimo que fomenta a igualdade, a solidariedade e a pluralidade, principios básicos de toda sociedade denominada libre, na que todos os individuos son iguais sen importar o xénero, a raza, o sexo etc....Dende a miña humilde opinión, a cultura nos fai libres porque se pode atar un corpo pero non unha mente.Ler é vivir varias vidas sen saír da túa, é pórse no lugar do outro, comprender como pensa ou como sinte dende o momento, e por enriba de todo enriquecémonos con outras culturas xa que a mestura de culturas enriquece a vida humana.En definitiva ler é vivir como diría o noso amigo Cicerón “unha casa sen libros é como u corpo sen alma”.Ser un individuo autónomo é moi importante nos tempos que corren xa que aparentemente todos actuamos como autómatas, vestindo igual, pensando igual e comportándonos como unha masa de borregos, e a lectura nos fai seres libres pero responsables, non soo das nosas vidas senón das vidas dos outros.A lectura crea individuos que son capaces de transformar a sociedade nun mundo no que o racismo, clasismo e sexismo queden erradicados e triúnfe a igualdade.Tendo en conta todo o mencionado anteriormente, aproveitando a oportunidade e a xenerosidade que se me brinda neste interesante blog, fágovos a invitación de pasarvos polo Cantón de Molins en Ferrol no que atopase a feira do libro, non vos arrepentiredes!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario